Colexio La Inmaculada

Concepción Arenal, 11

15702, Santiago de Compostela

Coñece os nosos proxectos

Este ano estamos botando a andar os nosos proxectos, que iredes coñecendo ao longo do curso. Polo de agora, aquí tedes o vídeo de presentación do proxecto da clase de primeiro do ano pasado. Eles mesmos vos explican o problema que intentan solucionar, estade ben atentos ao que din!  Xa vos adiantamos que o teatro de sombras ten xa data: o 31 de maio, ás 17:30, no ximnasio do centro. Esperámosvos! 

Por outro lado, tedes aquí tamén o vídeo resume do Festival de Curtametraxes da clase de cuarto, que realizaron para amosar as curtametraxes que realizaron para o seu proxecto. 

Aínda quedan proxectos por ensinarvos, non perdades detalle desta páxina!