Novas

Concurso de contos en 1º e 2º

31.5.2020

Nestas últimas semanas os nenos e nenas de 1º e 2º de Educación Primaria convertéronse en auténticos escritores e escritoras.


Capitaneados polas súas titoras participaron nun concurso de contos. Todos os contos foron publicados nun blog que, con moitísimo agarimo, crearon as súas profes e que vos enlazamos tanto aquí https://ogudeurdangarin.wixsite.com/delfinessaltarines   como á dereita desta páxina.


Animámosvos a que o visitedes e gocedes coas súas narracións. Non esquezades que podedes votar polo voso favorito. Quen gañará? Pronto o saberemos.


Desde o centro agradecemos a todas as familias destes dous cursos a súa implicación e participación na actividade. Grazas tamén ás profes por preparar actividades tan motivadoras para os nosos alumnos e alumnas.


Esperamos que gocedes tanto como nós dos seus textos!

A Inma en festas!

17.5.2020

Queridas familias,


Como moitas xa saberedes esta semana teriamos que celebrar as festas en honor a San Juan Bautista da Salle. Este ano, será unha celebración diferente, pero o feito de estar na casa non pode privarnos da alegría de celebrar e dar grazas polo colexio tan estupendo que temos e as persoas tan marabillosas que nel coñecemos.


É momento de celebrar, pero tamén, de agradecer o camiño percorrido e os logros alcanzados ao longo deste curso. Tamén cremos que estamos ante unha oportunidade estupenda para agradecer ao noso fundador o seu labor como mestre e educador. Hoxe queremos gritar un grazas tan tan forte que chegue ao ceo para que “Juanba” poida escoitalo e saiba que, pese a todas as dificultades, o colexio da Salle Inmaculada, o seu cole da Inma, segue acordándose del.


Por isto mesmo as profesoras de Educación Infantil do cole uníronse para contarnos un conto moi especial narrado por elas mesmas. Na súa propia voz, invítannos a coñecer a historia de San Juan Bautista da Sáelle, a vivila e a gozala.


Esperamos que vos guste  tanto como lles gustou a elas preparalo.


Un abrazo grande para todos e todas e, por suposto, felices festas!

Día Das Letras Galegas

16.5.2020

Hoxe, 17 de maio, celebramos o Día das Letras Galegas. Este ano esta data dedícase ao autor Ricardo Carvalho Calero, nome co que asinou as súas obras desde 1981 ata o seu falecemento. Foi filólogo e escritor, mestre de varias xeracións, licenciado en Dereito e en Filosofía e Letras pola Universidade de Santiago de Compostela e Doutor pola Universidade de Madrid. Membro numerario da Real Academia Galega, foi o primeiro catedrático de Lingüística e Literatura Galega da Universidade de Santiago. Está considerado o gran pensador do reintegracionismo, sendo membro da Academia das Ciencias de Lisboa desde 1981 e membro de honor da Associaçom Galega da Lingua.

Desde o Departamento de Dinamización Lingüística da Salle Inmaculada non queriamos deixar pasar esta data tan sinalada e especial. Hoxe máis que nunca nos sentimos orgullosos e orgullosas de ser galegos. Capitaneados pola profe Irma e o profe Alfonso decidimos poñer en valor os nosos costumes, a nosa gastronomía, as nosas tradicións, as nosas festas…Queremos  seguir o exemplo dos nosos amigos e amigas de GADIS e gritarlle ao mundo que ser galego mola!


Nestes tempos difíciles é cando demostramos que somos un pobo unido. Somos un pobo forte, exemplo de responsabilidade e de empatía. Por todo isto non queriamos render so homenaxe ao autor que hoxe nos ocupa senón a todos nós, galegos e galegas que facemos desta terra a máis bonita do mundo. Nesta noticia tes unha primeira mostra de todo o que fixemos. Se queres descubrir todo o que preparamos para vós só tes que dirixirte ao apartado “Vídeos” que atoparás na pestana “Coñécenos” do menú superior.

Esperamos que vos guste esta iniciativa e que, como di un dos nosos vídeos, todo o que neles ides ver e escoitar vos axude e anime a presumir do que somos; GALEGOS e do que temos; GALICIA. Vivamos  como galegos e o que é máis importante soñemos como galegos e galegas!

Desde o colexio La Salle Inmaculada queremos dar as grazas a supermercados Gadis por poñer en valor o noso e impulsar a nosa cultura con tanto agarimo e acerto. Esperamos que tamén eles gocen desta pequena adaptación que con tantas ganas preparou o noso alumnado.

Bo día das Letras Galegas para todos e todas!

Reapertura do centro para tarefas administrativas.

10.5.2020

Atendendo ás novas medidas anunciadas polo Goberno informámosvos de que o centro volve abrir as súas portas para tarefas administrativas a partir de hoxe, luns 11 de maio.


O horario de atención presencial será continuo, de 9.00h a 14.00h, tamén podes resolver as túas dúbidas a través do teléfono 981.58.61.91 ou a través do enderezo electrónico adinmaculada@sallep.net.


Así mesmo informámosvos de que atendendo ás novas instrucións ofrecidas pola Consellería de Educación restablécese o proceso de admisión para novo alumnado desde hoxe día 11 de maio ata o 18 deste mesmo mes. Podedes atopar nesta mesma web toda a información referente ao proceso de admisión e matricula no apartado de "Secretaría"

Quedamos á vosa disposición para calquera dúbida que puidese xurdir.

Un saúdo,

                                                                                                                                          A Dirección

Restablécese o proceso de Admisión

5.5.2020

Restablece o prazo para a presentación das solicitudes de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos, polo tempo que restaba cando se declarou o estado de alarma, de xeito que se iniciará o día 11 de maio de 2020 e rematará o día 18 do mesmo mes. 

 

O centro educativo deberá rexistrar as solicitudes na aplicación informática de xestión do proceso, «admision alumnado», durante o día inmediato hábil seguinte ao da súa presentación. 

2. Novos prazos do procedemento. 

a) De conformidade co artigo 33 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, os demais prazos do procedemento de admisión reduciranse á metade. 

b) Novos prazos do proceso: 

● Presentación da documentación acreditativa dos criterios de baremo: ata o día 26 de maio de 2020. 

● Publicación das listaxes provisionais do alumnado admitido e non admitido: antes do 9 de xuño de 2020. 

● Poderanse formular reclamacións contra as listaxes provisionais no prazo de 3 días hábiles contados desde o seguinte ao da súa publicación. 

● Publicación das listaxes definitivas do alumnado admitido e non admitido: ata o 26 de xuño de 2020. 

● Formalización da matrícula en educación infantil e primaria: do 1 ao 10 xullo de 2020. 

● Formalización da matrícula ordinaria en educación secundaria obrigatoria e bacharelato: do 1 ao 10 xullo. Prazo extraordinario: do 1 ao 10 de setembro de 2020. 

3. Adxudicación subsidiaria de postos escolares. 

Con carácter excepcional, non se constituirán as comisións de escolarización. Todas as funcións para a adxudicación subsidiaria de postos escolares que se atribúen ao dito órgano do proceso de admisión serán asumidas e desenvolvidas polos servizos territoriais de Inspección educativa de cada unha das xefaturas territoriais da Consellería. 

4. Publicación. 

Sen prexuízo da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, a resolución tamén se publicará na páxina web da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional e procurarase a súa máxima difusión entre todos os centros educativos afectados polo proceso. 

El Coronavirus y los niños

23.4.2020

Queridas familias,

Os dejamos a continuación un cuento que, creemos, puede serviros a la hora de explicar a nuestros niños y niñas cómo será la situación a partir del 27 de abril, día en el que se permitirá su salida a la calle.

El cuento ha sido creado por la Asociación Mundial de Educadores Infantiles (AMEI-WAECE) si queréis  disfrutar de sus ilustraciones o descargarlo podéis encontrarlo aquí file:///C:/Users/sarap/Desktop/Cuento%20Coronavirus%20y%20los%20ninos%20Parte%202.pdf

Daniel está sentado en el suelo del salón de su casa viendo televisión. De pronto, se levanta emocionado.

 

- ¡Yupi! ¡Bravo! – dice Daniel saltando de alegría - ¡Los niños vamos a salir a la calle! ¡No tendremos que estar encerrados en casa! ¡Ya no hay peligro de enfermar!

 

Su papá, que estaba sentado leyendo un libro, lo mira asombrado.

 

- Eso no es del todo cierto Daniel – le replica el papá con cariño.

 

-Pero, lo han dicho en la televisión – se queja el niño.

 

- Bueno, vale – dice Daniel recuperando su alegría

 

– Llevaré mascarilla y guantes, iré agarrado de la mano, no tocaré las cosas y seré muy obediente.

 

- ¡Muy bien! Exclama el papá contento. Estoy muy orgulloso de ti. Recuerda que solo podemos salir un ratito y pasear cerca de casa. Aunque no hayamos tocado nada, al regresar, nos descalzaremos y desvestiremos para desinfectarlo todo. Como el virus muere si nos lavamos con jabón, será un buen momento para tomar un baño o una ducha.

 

- De acuerdo papá – dice Daniel tranquilizando a su padre. Y abrazaré con fuerza a Margarita si la vemos por la calle.

 

- ¡¿Cómo?! – exclama horrorizado el papá – ¡Aún no podemos tocar, ni abrazar, ni besar!

 

- Lo sé papi, era una bromilla – reconoce el niño con cara de pícaro. Pero, algún día, abrazaré y besaré a todas las personas a las que quiero mucho, como ahora te abrazo a ti.

 

En ese momento, la mamá de Daniel entra en el salón con el teléfono móvil en la mano.

 

- Daniel tienes una vídeo llamada de tu amiga Margarita – Dice la mamá.

 

- Gracias, mamá – dice el niño mientras coge el móvil y ve la cara de su amiga. - Margarita, ¿Sabes que vamos a salir a la calle? – pregunta Daniel emocionado.

 

- Yo no quiero salir, me da miedo – dice la niña muy tristesi salgo y toco el virus, me pondré enferma y contagiaré a toda la familia.

 

- No te pongas triste – muestra empatía su amigo – No pasa nada.Si te pones mascarilla y guantes, agarras la mano de tu papá o tu mamá y la mano libre la guardas en el bolsillo, no tocas cosas y no te puedes contagiar. ¡Ah! Cuando llegues a casa, te quitas la ropa y los zapatos para desinfectarlos y te lavas bien con jabón. Yo pienso bañarme, así juego un rato con mis juguetes de agua.

 

- Tienes razón – reconoce Margarita – Si no toco las cosas y no me acerco a las personas, no me puedo contagiar. Buena idea Daniel. Muchas gracias.

 

Daniel corta la vídeo llamada y, de repente, tiene una gran idea.

 

- ¡Mamá, mamá! - Daniel llama a su madre emocionado.

 

- ¿Qué ocurre cariño? – responde la madre divertida con los estallidos de alegría del niño.

 

- Ya no quiero ser médico. Ahora voy a ser investigador para averiguar cómo matar a todos los bichos que nos enferman – afirma Daniel con rotundidad.

 

- Bueno, puedes ser un médico que se dedica a la investigación – dice la madre de Daniel, haciendo reír al niño y al padre.

 

Esperamos y deseamos que os sirva de ayuda.

 

Un cordial saludo,

La Comunidad Educativa 

Queridas familias,

19.4.2020

Queridas familias,
 
Sabemos que las declaraciones del Ministerio de Educación y de las consejerías de Educación de las comunidades autónomas tras la presentación del documento sobre las medidas educativas a tomar en este último trimestre del curso, han generado una considerable confusión en un momento ya cargado de mucha incertidumbre. 

Aunque debemos tener paciencia y esperar a conocer el contenido definitivo de la próxima Orden Ministerial, así como las adaptaciones que haga cada comunidad autónoma, estamos en condiciones de aclararos algunas cuestiones en función de lo que se conoce hasta ahora y, por tanto, susceptibles de ser modificadas: 

1.    Se mantiene la duración del curso escolar hasta final de junio de 2020. Según ha señalado la Ministra de Educación, seguirá en modalidad a distancia mientras dure el confinamiento y, si las autoridades sanitarias así lo acuerdan, pasará a modalidad presencial con las condiciones que determinen. El deseo del Ministerio) es que los alumnos puedan regresar a sus centros, al menos 15 días, aunque, obviamente, no lo puede garantizar.

2.    Durante el mes de julio se podrán organizar actividades voluntarias de refuerzo o lúdicas, pero todavía no se sabe cómo se concretarán estas actividades.

3.    Se pondrá el foco en los aprendizajes imprescindibles y en las competencias básicas. La decisión sobre si se pueden avanzar contenidos queda en manos de las comunidades autónomas, aunque se recomienda que el último trimestre sirva para reforzar contenidos y mejorar calificaciones. 

4.    Asimismo, la promoción de curso será la norma general y la repetición será una medida “muy excepcional” y debidamente justificada, algo que en realidad no difiere de lo que se venía haciendo hasta ahora. Esto no significa que la promoción conlleve el aprobado general de las materias suspendidas. El alumno podrá promocionar con asignaturas pendientes, que tendrá que recuperar durante el curso siguiente.

5.    En cuanto a la titulación en 4º de ESO y 2º de Bachillerato hay que esperar a los criterios concretos que se establezcan, pero esperamos que se determinen unos criterios mínimos homogéneos que eviten desigualdades territoriales o entre distintos centros. 

6.    Se mantienen los criterios sobre la EBAU ya acordados en la Conferencia Sectorial de Educación. De momento se trabaja únicamente en el escenario de que las pruebas se realicen de forma presencial entre finales de junio y principios de julio en grandes espacios y/o grupos reducidos de alumnos, condicionado a que la situación sanitaria lo permita.
 
Por el momento esto es lo que os podemos aclarar. Procuraremos manteneros informados de las novedades importantes que vayan surgiendo. Aprovechamos esta comunicación para aseguraros que vamos a seguir trabajando para que cada alumno aproveche al máximo las nuevas oportunidades de aprendizaje en este periodo convulso y con el objetivo de que ningún estudiante pierda el curso por esta situación excepcional, especialmente los que se encuentran en situación de mayor vulnerabilidad.

En este sentido, queremos agradecer el encomiable esfuerzo que estáis realizando desde casa en circunstancias muy difíciles en ocasiones. Del mismo modo, queremos agradecer al profesorado el trabajo que está realizando, al que se ha tenido que adaptar en tiempo récord. 

Por nuestra parte, queremos recordaros que tanto los profesores como el equipo directivo estamos a vuestra disposición. No dudéis en contar con nosotros para aclarar cualquier duda o plantear alguna situación concreta, contactándonos por los cauces habituales. “En tiempos recios, amigos fuertes de Dios”, decía Santa Teresa, y estamos en un momento precioso para descubrir juntos el sentido profundo de nuestra fe.

Sin más, recibid un cordial saludo,

Equipo Directivo


 
    

Información importante para a avaliación

1.4.2020

Prezadas familias,

Segundo instrucións do 27 de marzo, dirixidas ás direccións dos centros educativos de ensino non universitario sobre a concreción de medidas a adoptar en relación coa avaliación do segundo trimestre:

Procédese a avaliación do segundo trimestre co fin de dar continuidade ao calendario escolar. Non serán avaliables as actividades  relacionadas cos contidos curriculares realizados polo alumnado con posterioridade á data de declaración do estado de alarma.

A Consellaría de Educación pon a nosa disposición a plataforma “Abalar móbil” para poder descargar as cualificacións dos vosos fillos e fillas. É un procedemento moi doado. Premendo na seguinte ligazón teredes información de como descargar no móbil  a aplicación Abalar Móbil e os pasos a seguir para ver ditas cualificacións.

https://www.edu.xunta.es/espazoAbalar/espazo/servizos-dixitais/app-de-comunicaci%C3%B3n-abalarMobil-para-familias

As notas, estarán colgadas a partir de mañá venres ás 19:00H.  

De cara ao terceiro trimestre, iremos informándovos de todas as novidades que vaian chegando. Agardamos e desexamos que esteades todos ben, e quedamos a vosa disposición para calquera dúbida que poida xurdir.

                                
Atentamente 


    O Equipo Directivo.

O valor das persoas #LaSalleEnCasa

1.1.2020

Desde hai dúas longas semanas, temos a evidencia de que o mundo, o noso mundo, ao que estabamos afeitos, transformouse. Cambiou a maneira de relacionarnos, cambiou o espazo físico no que nos movemos, cambiou a nosa mirada sobre o que nos rodea, cambiaron as nosas prioridades. O que antes dabamos por suposto, hoxe necesita dicirse, e o que agradeciamos en silencio, hoxe necesitamos expresalo, aplaudilo e recoñecelo.

Ti, que traballas como educador, persoal de administración e servizos, técnico informático… en calquera das nosas obras educativas, ti, que como familia elixiches La Salle para a formación e o crecemento dos teus fillos, ti que, como alumno, enches cada día as nosas aulas e dás sentido ao noso labor, ti fas La Salle e es parte da comunidade que permitiu que este gran proxecto siga vivo máis de trescentos anos, e sen ti, o teu esforzo, o teu compromiso, a túa xenerosidade, a túa innovación, a túa entrega, o teu tempo, a túa implicación, a túa confianza, o teu respecto e a túa actitude positiva nin onte, nin hoxe, sería posible.

Neste tempo que implica uns desafíos aos que non estabamos afeitos, en que nos enfrontamos a unhas dificultades descoñecidas como educadores no colexio ou na casa, seguiches demostrando que en La Salle as persoas son o importante, o centro da nosa misión e, facendo máis teu ca nunca o lema deste curso, imaxinaches unha nova forma de facer o que mellor sabes: ser o guía dos teus alumnos agora que máis ca nunca necesitan que lles tendas a man para poder seguir aprendendo e formándose nun contexto novo; ser quen xestione o noso centro aínda que sexa na distancia; ser quen comparta esta aprendizaxe cos teus fillos e os animes a seguir loitando polos seus soños; ser quen estea alén e se esforce para alcanzar a meta, sentíndose protagonista e sempre acompañado por quen ve en ti o futuro.

Por iso, queremos darche as grazas. Grazas por levantarte cada mañá neste novo mundo e vestirte co teu mellor sorriso para desde a túa casa preparar, propoñer, responder, facer, conectarte e permitir que continúe a actividade educativa. Grazas por compartir iniciativas, por poñer en marcha proxectos, por ser paciente, por dar as túas mellores recomendacións, por participar e por animar a que todos participen. Grazas por facelo fácil en tempos difíciles. Grazas por ser profesional, por ser compañeiro, por ser familia, por ser ti. E, sobre todo, grazas por ser peza esencial deste proxecto que chamamos La Salle e por facer que xuntos superemos momentos complicados como o que nos está tocando vivir e celebremos a sorte de pertencer á gran familia lasaliana.

Animámoste a seguir dando pasos por este camiño, e acompañarémoste no percorrido, apoiándote e recoñecendo o gran labor que desempeñas, sexa cal for o teu papel. Para La Salle ti es o noso principal valor, ti es La Salle e fas La Salle, ti permítesnos crecer e co teu compromiso, confianza e entrega constantes fas posible nosa misión: traballar para dar, desde a educación, a mellor das respostas aos que máis o necesitan en calquera parte, sendo protagonistas na construción dunha sociedade máis xusta e solidaria.

GRAZAS

Equipo de Animación Distrital

Peche do Centro

29.3.2020

Atendendo ao Real Decreto-Lei 10/2020 aprobado no día de onte polo Consello de Ministros extraordinario e polo que se regulan e adoptan novas medidas no contexto da loita contra a COVID-19, informámosvos de que o centro permanecerá pechado.

Como vos diciamos, neste tempo o colexio permanecerá pechado para o alumnado e os profesores. O profesorado empregará Sallenet  (xestor educativo) para mandarvos distintas tarefas, garantindo así, que os vosos fillos/as poidan seguir co seu itinerario de aprendizaxe na casa. Tamén poderedes comunicarvos co titor/a por esta canle. O equipo docente estará en comunicación permanente co Equipo Directivo do centro.

Así mesmo, a secretaría tamén permanecerá pechada. Atenderémosvos por vía telefónica en horario de 10:00h a 13:00h  para poder dar resposta telefónica, no 609.892.227, a todas as cuestións administrativas e dúbidas que puideran xurdir. Tamén poderedes comunicarvos connosco a través do enderezo electrónico  adinmaculada@sallep.net

Sen máis, agradecémosvos a vosa colaboración e esperamos poder vernos pronto,

Un afectuoso saúdo

O Equipo Directivo

Carta a nuestras familias

24.3.2020

Estimadas familias,

 

Esta no es una comunicación de carácter informativo, estas son unas líneas que pretenden ser abrazo cercano, cálido y seguro en un tiempo, distante, frío y oscuro…

Llevamos días, que por momentos se hacen meses, viendo el mundo desde nuestras ventanas, dejándolo entrar a nuestros refugios seguros de muros infranqueables, a través de pequeñas puertas, donde nos cuentan como se vive la vida fuera… y lo cierto, es que, lo que nos cuentan, no nos gusta y tenemos miedo, miedo por nuestros padres, hijos, nietos, amigos…. Y es que todo ha llegado de repente, como un huracán que barre todo lo que encuentra a su paso y nos encuentra así, inmóviles, sin capacidad para reaccionar…

Pero no estamos solos, tenemos sólidas raíces que nos unen y hacen que permanezcamos juntos en la distancia, fuertes, y que permiten que nos sintamos pertenecientes a ese tronco que da tranquilidad. Sentimos la seguridad de sentirnos familia, la familia de La Salle. Y como en toda familia, existen muchos momentos, momentos felices, momentos de desencuentro, y distintas formas de ver el mundo, pero nos une un objetivo común que nos hace remar en la misma dirección: la educación de nuestros/vuestros hijos/as. Esos hijos/as que hacen que movamos montañas y recorramos los senderos más angostos. 

 

Para nosotros educadores, vosotras familias, sois la sal que dais sabor a nuestras vocaciones de docentes, sois la luz que ilumina nuestros pasos. Para nosotros familias sois importantes. Nos sentimos orgullosos de vosotros porque lucháis incansables por un mundo mejor para los vuestros, lo vemos a diario, y ahora, en estos momentos lo estáis demostrando.

Así que no, no os rindáis, porque nosotros los maestros, estamos a vuestro lado. Porque cuando todo esto acabe, nos ayudaremos, y volveremos a levantar el vuelo. Porque, sea cual sea la situación, la superaremos juntos y porque en esta familia, no permitiremos que nadie se quede atrás. Miraremos al futuro juntos y con esperanza.

 

Y porque como decía el gran Mario Benedetti tendremos que:

                                                          

“Recuperar la risa,
Ensayar un canto,
Bajar la guardia y extender las manos
Desplegar las alas
E intentar de nuevo,
Celebrar la vida y retomar los cielos.

No te rindas, por favor no cedas,
Aunque el frío queme,
Aunque el miedo muerda,
Aunque el sol se ponga y se calle el viento,
Aún hay fuego en tu alma,
Aún hay vida en tus sueños

Porque cada día es un comienzo nuevo,
Porque esta es la hora y el mejor momento.


Porque no estás solo, porque nosotros, ¡en la Inma os esperamos!”.

 

¡Mucho ánimo y nos vemos pronto!

 

Comunidad Educativa La Salle Inmaculada

#LaInmaEnCasa

21.3.2020

Tras decretarse por parte de tódalas administracións educativas o peche dos centros educativos de toda España, polo menos durante 3 semanas a partir da data de entrada en vigor da medida por motivos de saúde pública, La Salle, como institución comprometida coas realidades que se viven naquelas zonas onde realiza a súa misión, é consciente da importancia dos feitos que estamos a vivir no noso Distrito (España e Portugal). Así nos sumamos ao chamamento que dende os estamentos públicos estase realizando á poboación para que dende a responsabilidade persoal evite todas aquelas accións que poidan contribuír á propagación do coroavirus.

Como centro respectamos esta medida e neste tempo o colexio permanecerá pechado para o alumnado e os profesores. O profesorado empregará Sallenet  (xestor educativo) para mandarvos distintas tarefas, garantindo así, que os vosos fillos/as poidan seguir co seu itinerario de aprendizaxe na casa. Tamén poderedes comunicarvos co titor/a por esta canle. O equipo docente estará en comunicación permanente co Equipo Directivo do centro.

Así mesmo, a secretaría permanecerá aberta en horario de 10:00h a 13:00h  para poder dar resposta telefónica, no 981 58 61 91, a todas as cuestións administrativas e dúbidas que puideran xurdir. Tamén poderedes comunicarvos connosco a través do enderezo electrónico  adinmaculada@sallep.net

Sen máis, agradecémosvos a vosa colaboración.

Un afectuoso saúdo

 

                                                                                                                                           O Equipo Directivo

1 / 11

Please reload

Accede aquí ao sector educativo

Luns e Venres

16:00 - 17:00 h

Álbum

Atopa aquí todas as fotos deste curso. ¡Todas as actividades, cursos e máis!

Colexio La Inmaculada

Concepción Arenal, 11

15702, Santiago de Compostela