Sallenet é a plataforma que desenvolvemos para mellorar a xestión educativa do colexio. É un xestor con base na plataforma Moodle.
Ata o momento, alí estaba centralizada toda a información. Agora, a páxina web xestiónase por separado, pero podedes seguir accedendo ao xestor como ata agora, no seu enderezo orixinal. Tédelo dispoñible na páxina principal, pero ante a dúbida, deixámosvos aquí o acceso.
A partir de xaneiro de 2017, será posible acceder á facturación dentro de sallenet. Os usuarios poderán ver a facturación dende o seu bloque Pais ou Alumnos, no caso de alumnos pagadores. Alí atoparán unha pestana denominada "Mi facturación". Unha vez preman alí se mostrará por pestanas os cursos académicos activados para consutar. Para cada ano amósanse os fillos/as facturados.
Por cada fillo se amosa por separado a facturación de cada periodo, amosando os pagos (concepto, medio de pago, importe e estado) que inclúe cada un deles. É posible imprimir o recibo completo dun período pulsando no icono da impresora. Para calquera dúbida, podedes consultalo na secretaría do centro, ben presencialmente ou ben por teléfono.
Ademais, ofrecémosvos un manual de uso para os que o necesitedes, e se tedes algunha dúbida, preguntade sen medo: