Coñece Pastoral.
Misión Pastoral
O fin principal e da misión dos centros La Salle é a evanxelización. Formamos parte da Igrexa e anunciamos a mensaxe de Xesús de Nazaret a través da Educación. A nosa labor non remata no ámbito docente, se non que cremos nunha “escola a tempo completo” na que todas as persoas que compoñen a nosa comunidade educativa son á vez protagonistas e destinatarios da nosa labor educativa.
O proxecto que dá senso e coherencia a todas as obras lasalianas é a Pastoral, que propón os valores de Fe, Fraternidade e Servizo a través da proximidade, persoalización, acompañamento e servizo aos nenos e xoves, especialmente aos máis necesitados.
A nosa misión achégase a toda a comunidade educativa dende tres aspectos:
1. Pastoral Curricular
- ERE (Ensinanza Relixiosa Escolar)
A materia de Relixión é un momento idóneo para achegar aos alumnos a fe, cultura e moral cristiáns. A través dela, vanse estudando os contidos propios da materia.
- Reflexións da mañá.
Unha característica específica da escola lasaliana e que se remonta á fundación foi a reflexión da mañá. San Juan Bautista de La Salle viviu con especial coidado a posiblidade de que os alumnos reflexionaran brevemente sobre un tema e tivesen un pequeno momento de oración ao comezar a xornada.
Hoxe sigue sendo importante, para poder acadar cultivando unha lectura crente da realidade e un momento diario de relación con Deus.
- Celebracións e semanas especiais
Existen moitos acontecementos da nosa vida e da sociedade que non están dentro dos contidos das materias. Por iso, damos importancia as semanas e momentos especiais, como a Semana do Domund, Campaña de Nadal, Semana Vocacional e Lasaliana, Día da Paz, Día Internacional contra a Pobreza, Coresma, Pentecoste...
2. Xustiza
- PAR (Plan de Achegamento á Realidade)
O Plan de Achegamento á Realidade é un proxecto que pretende que os alumnos coñezan algunhas realidades sociais próximas a eles (1º trimestre; ver), o analicen (2º trimestre; xulgar) e tomen partido ( 3º trimestre; actuar)
Propiciamos un achegamento ás realidades sociais próximas, pero que a nós nos pasan normalmente desapercibidas. Cremos na importancia do coñecemento directo destas realidades, para elo levaremos acabo visitas ou achegaranse esas realidades a nosa escola, para acadar unha conciencia máis directa: Procuramos que ao longo da súa estadía na escola extraian unha idea xeral clara destas situacións.
- PROYDE
A nosa achega a PROYDE atoparédela aquí, e se queredes saber máis tedes o enderezo aquí.
3. Pastoral Extracurricular
Dende o noso Sector de Valladolid ofertáronse proxectos de educación na fe e procesos catecumenais (grupos cristiáns), e dende fai uns anos descubriuse a importancia do tempo de lecer como plataforma educativa e evanxelizadora, en proxectos non directamente catecumenais e dentro do que se chama “pastoral extracurricular”.
A este “paraugas” que acolle todas as ofertas evanxelizadoras e educadoras no tempo de lecer para nenos e xoves chamámolo SalleJoven.
- Que é SalleJoven?
SalleJoven é o nome dado en España e Portugal ao movemento xuvenil lasaliano, no que se reúnen grupos, movementos e asociacións que, conservando a súa identidade propia, únense para conseguir fins educativos e pastorais, seguindo o modelo de San Juan Bautista de La Salle.
As actividades e grupos englobados dentro de SalleJoven comparten a proposta de educación en valores e o estilo do Carácter propio das obras lasalianas e favorecen que se dean as condicións adecuadas para o seu desenvolvemento. En global, a súa fin é a procura do senso e a vocación na vida.