
Axudas libro de texto , material escolar e fondo libros
INFORMACIÓN FONDO DE LIBROS, AXUDAS DE LIBROS E MATERIAL ESCOLAR PARA O CURSO 2022/23
ORDE do 29 de abril de 2022 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2022/2023 (código de procedemento ED330B) (Diario Oficial de Galicia do 18 de maio de 2022).
◘ A solicitude poderá recollerse no centro educativo, descargala da páxina edu.xunta.es ou poñendo no buscador “procedemento ED330B”.
◘ O lugar de presentación será preferentemente por vía electrónica mediante a aplicación fondolibros, presencialmente nos centros docentes ou en calquera rexistro establecido na normativa.
O prazo será do 20 de maio ao 22 de xuño de 2022.
◘ A solicitude será única para todos os fillos e todas as axudas, indicando o nivel de estudos de cada un deles (sempre que todos os fillos cursen os estudos no mesmo centro en caso contrario deberá entregarse a solicitude nos dous centros).
◘ Documentación a entregar:
-
Solicitude por duplicado, debidamente cuberta e asinada.
-
Copia e orixinal do libro de familia onde figuren os membros da unidade familiar.
-
No caso de discapacidade, documentación acreditativa.
-
No caso de separación ou divorcio, sentenza e convenio regulador...
AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO:
-
Están destinadas ao alumnado matriculado en 1º e 2º de Ed. Primaria. A contía para adquirir libros de texto, é a seguinte:
-
Alumnado con renda per cápita igual ou inferior a 6.000€: 210€
-
Alumnado con renda per cápita superior a 6.000€ e igual ou inferior a 10.000€: 140€
-
-
A aplicación xerará un vale que será entregado á familia para adquirir os libros de texto no establecemento da súa elección asinándoo no momento da recepción do material. Se o importe da venda fose superior ao do vale, a diferenza será aboada polo solicitante.
AXUDAS PARA ADQUIRIR MATERIAL ESCOLAR:
-
Están destinadas para alumnado de Ed. Primaria. (De 1º a 6º)
-
A contía para adquirir material escolar que será concedida ao alumnado con renda per cápita familiar igual ou inferior a 6.000€ será de 50€.
-
A aplicación xerará un vale que será entregado á familia para adquirir os material escolar no establecemento da súa elección, asinándoo no momento da recepción do material. Se o importe da venda fose superior ao do vale, a diferenza será aboada polo solicitante.
![]() | ![]() | ![]() | ![]() | ![]() |
---|---|---|---|---|
![]() | ![]() | ![]() | ![]() | ![]() |
![]() | ![]() |