Colexio La Inmaculada

Concepción Arenal, 11

15702, Santiago de Compostela

Álbum fotográfico

Bota unha ollada ao noso día a día

Entroido 2018

Aquí tedes as fotografías do entroido deste ano, con temática de debuxos animados. Esperamos que vos gusten! 

Manualidades na AAA

Onte na Asociación de Antigos Alumnos estivemos pintado cos máis pequenos, intentando facer un collar de macarróns! E non só o conseguimos, senón que pasámolo xenial na mentres! 

Encontro Grupos SalleXove en Barcelos (Portugal)

Aquí tedes as fotos do encontro de SalleXove en Portugal. Esperamos que vos gusten!

Experimentando coa plástica

Estas pasadas semanas a clase de 4º estivo experimentando coa plástica, facendo primeiro xogos coas cores primarias "spots of primary colours mixed" e na seguinte clase na obra de arte colectiva con globos de hielo de colores, "frozen colourful balloons". Pronto faremos unha sección só para as activdades de plástica desta clase, que prometen ser moi interesantes! 

As primeiras lecturas

Na semana de animación lectora os alumnos de cuarto e quinto de Primaria tiveron a sorte de contar cunha visita moi orixinal. Estudantes do Instituto Bíblico Oriental estiveron falándolles do nacemento da escritura e dos primeiros libros da historia. Despois de coñecer un puoco a cultura mesopotámica fixeron a súa primeira tablilla, escribindo en cuneiforme o seu nome.

Saída en galego

Os alumnos de primeiro de primaria visitaron a Biblioteca Ánxel Casal dentro do seu proxecto de lingua galega, Bibliotega. Visitaron a Biblioteca, percorrendo todas as plantas e ensináronlles cómo se fai o préstamo dos libros. Tamén lles invitaron a facerse socios da biblioteca. Toda unha aventura!

Concerto reciclado

Os alumnos de quinto asistiron a un concerto diferente, no que, a través dunha viaxe no tempo e polo mundo, se contaba a incrible historia do violín trompeta e moitos outros instrumentos. Ademais de desfrutar da música, aprenderon o valor da reciclaxe e se marabillaron coas posibilidades creativas que os músicos lles explicaron, por que non facer unha frauta cunha vasoira?

Visita do CSIC

Qureremos agradecer ao CSIC a súa visita ao colexio para facer con nos unha chea de experimentos científicos dende tres anos ata sexto de primaria. Descubriron un montón de cousas e foron científicos por un día.

Xogando a ser policias

Os nenos de 5 anos remataron co seu proxecto sobre a policía, fixeron o seu propio coche, gorras de policía. Tamén fixeron entrenamento no ximnasio e, para rematar, obtiveron a súa placa para poder exercer nos recreos vixiando aos seus compañeiros. ​

Contacontos

Os alumnos de educación infantil visitaron a galería Sargadelos, dentro da Campaña da Animación á Lectura do Concello de Santiago. Os nenos desfrutaron dun conto e dun pequeno concerto. 

Reciclando!

Os alumnos de 3 anos están facendo unha chea de acitivdades distintas con materiais de refugallo. Con tapóns e caixas de ovos fixeron pequenos coellos, materiais para aprender a contar, flores, ... Están super emocionados co seu proxecto de reciclaxe!

Saída ao Parlamento de Galicia

Os alumnos de 1º de Primaria acudiron a unha visita ao Parlamento de Galicia para coñecer o funcionamento do mesmo, así como para porse na pel dos que alí se sentan. Esperamos seguir descubrindo o mundo con saídas así de interesantes!

Contacontos

Esta pasada seman acudiron ao centro contacontos para cautivar coas súas historias a todos os nosos alumnos. En dos niveis distintos, adaptándose ás idades dos oíntes e buscando a súa participación. Non temos que dicir que o pasaron en grande, porque temos aquí as probas!

Ecosystems Webquest

The kids on the 5th grade are learning about Ecosystems in an interactive way using a webquest! The "talking turkey" leads them through videos, activities and a games section where they have the chance to review all the new input from the unit in a fun way!

Saída mc2

A pasada semana os alumnos e alumnas de 6º saíron á DOMUS, a Casa das Ciencias e ao Acuario. Os tres sitios ofertaron moitas actividades nas que os alumnos poideron manipular e aprender sobre coñecementos moi distintos. 

Foi unha saída moi interesante, unha aventura que esperamos repetir pronto!

Proxectos de Entroido

Esta semana os alumnos de 6º remataron as presentacións dos seus proxectos sobre o Entroido en distintos lugares de Galicia, proxectos que se enmarcan na Unidade Didáctica desenvolvida na aula pola mestra de prácticas Sara.

Os alumnos estaban moi motivados co tema e demostraron unha grande creatividade ao introducir no proxecto todo tipo de expresións artísticas: vimos as máscaras típicas que eles mesmos elaboraron, disfrutamos dunha pequena obra de teatro, escoitamos un rap, fixeron as súas propias presentacións Powerpoint e ata tivemos un noticiario! Son uns artistas! Fixeron un magnífico traballo!

Entroido entre as estrelas

Este ano, o entroido brillou máis que nunca. La Inmaculada, actuando como a gran familia que é, traballou coma nunca para ofertar unha festa inesquecible. Os mellores disfraces, o pasarúas pola Zona Vella de Santiago, os bailes máis impresionantes, a merenda e chocolatada máis doce! É un orgullo traervos as fotos desta festa tan memorable, esperamos que para o ano, máis e mellor!

Bailando pola paz

Este ano, celebramos a paz dende moitos aspectos. Expresámonos a través de palabras, dun mural, de bailes, de signos... Todos os cursos e mestres xuntáronse para esa especial celebración, traballando un montón para amosar a pais, nais e familias que alí estaban o que a paz significa para eles. Esperamos que vos gustase! 

Creando o noso propio twister

Na Asociacion de Antigos Alumnos, o grupo de actividades lúdicas dos xoves estiveron fabricando o seu propio twister, para logo estrealo eles mesmos nunha divertida partida!

Sesión HARA con 2º 

Os alumnos e alumnas de 2º de Primaria dedicaron unha sesión o mércores a facer HARA, técnicas de interiorización. Nesta actividade estiveron utilizando dferentes cores para as emocións, con xeringas de pintura para dosificar a cantidade de emoción en cada botella de auga.

Aquí tedes o resultado! 

Deseñando formas con CREA

Os alumnos e alumnas de 2º de Primaria estiveron creando formas a través de elementos base, unha actividade dentro do programa CREA. Os grupos explican eles mesmos que teñen nas mans, o cal podedes ver na sección de vídeos grazas a profesora Olaia. Non esquezades velo!

Masaxes relaxantes para Infantil!

Esta semana, os alumnos de Infantil desfrutaron dunha clase moi relaxante! Resulta que, coa axuda de crema e música relaxante, a profesora Alejandra ensinou aos seus alumnos e alumnas a dar masaxes. Todos participaron e desfrutaron deste novo coñecemento.

Esperamos repetir pronto! 

Tasting table

We are discovering different flavours! When we entered the class on Wednesday afternoon we found a great surprise! Lemon, cheese, chocolate, chips, candies... We couldn't wait to try all the food we saw on the table! Not all of us were brave enough to eat the lemon or smell the vinegar, but everyone asked for a second piece of chocolate of course! We are cheeky monkeys! Bitter, sweet, salty or sour... When we taste some new food we distinguish the flavour at once!

Seguimos coa educación vial

Esta semana tocou voltar ao tema da Seguridade Vial. Se na anterior sesión tivemos unha clase para aprender todo sobre a Seguridade, nesta xornada fixemos unha excursión polas rúas da cidade, e fixemos unha visita á Comisaría da Policía Local. Aprendimos moito sobre a seguridade da cidade e como podemos axudar coma cidadáns!

Magosto

Este venres, 11 de novembro, tivemos a celebración do Magosto. Varias nais e pais estiveron asando castañas dende a saída dos nenos, para despois comelas na celebración no ximnasio. 

De seguido, tivemos toda unha tarde de xogos tradicionais grazas á Asociación de Antigos Alumnos. Mariola, a rá, petanca, bolos, comba, xogos de mesa... 

Os rapaces pasárono en grande, e os maiores... tamén!

Vémonos na próxima!

Clase de malabares!

Hoxe os alumnos de 5º tivemos a oportunidade de gozar dunha sesión de malabares moi especial. Da man de Manu, de Circonove Compostela (un espazo para entrenar, producir e aprender técnicas circenses) coñecemos a historia do circo e máis en concreto a evolución das técnicas malabares en España e en Europa facendo un percorrido por distintos séculos. Manu contóunos que hai unha universidade en Kent onde podemos estudar Artes Circenses, el estudou alí tres anos! Aprendemos que as malabares están moi relacionadas coa psicomotricidade, a coordinación e o equilibrio, pero o que non sabíamos é que tamén teñen moito que ver coas matemáticas! 

Aquí tedes as fotos da clase!

O traballo na aula

Hoxe vimos a mostrarvos unha pequena ollada á aula de 2º de Primaria. Temos no corcho os esquletos de Halloween e o monstro de cores para falar dos sentimentos (e promover a lectura). Na parede está a árbore do Programa Ulises (en relación as redes neuronais), e na aula temos a Susi, a nosa planta, que os alumnos/as regan na clase de Ciencias.

Como vedes, facemos dos espazos algo único para que os nenos e nenas estén na súa casa, aprendendo e descubrindo xuntos!

Árbore de outono

Na sesión desta semana, os nenos e nenas de Infantil, nas actividades lúdicas da Asociación de Antigos Alumnos, estiveron xogando e descubrindo a árbore de outono que crearon as mestras. 

Os pequenos e pequenas xogaron coas follas, aprenderon sobre a natureza e desfrutaron pintando sobre esta temática. 

Non esquezades consultar o horario para as actidades da Asociación na páxina.

Ata a próxima! 

Helping Hands!

 In our Social Sciences class we are learning how we can help at home! Make the bed, lay the table, cook, sweep... There are many things our helping hands can do! 

Maxia e palomitas na Asociación de Antigos Alumnos

Este venres enchemos o ximnasio de maxia, grazas á increíble actuación do Mago Charly Braun. Os nenos e nenas de todas as etapas do colexio desfrutaron dunha tarde chea de sorpresas e risas, panos de cores, cartas e peixes que aparecían do lume! 

Despois da actuación, houbo merenda de palomitas, para rematar ben a tarde. Alumnos e alumnas, antigos alumnos e familias pasamos unha tarde inesquecible e esperamos repetila pronto.

Os alumnos de Infantil descubren a cova coa Asociación!

Esta semana tocoulles aos alumnos de Infantil descubrir a arte rupestre. Nas actividades dos mércores da Asociación de Antigos Alumnos os máis pequenos pintaron as paredes de esa enorme cova da Prehistoria, despois dun conto sobre esa temática.

Esperamos que os nenos e nenas o pasasen en grande. Non olvidedes apuntarvos para as actividades!

Sal da túa terra! Domund 2016

Co gallo da celebración do DOMUND que chegaba ó seu momento álxido hoxe, domingo 23 de outubro, os alumnos de 5º e 6º do colexio asistimos o pasado venres 21 a un acto convocado por Escolas Católicas. Este ano desprazámonos ás instalacións do colexio Compañía de María, onde tivemos oportunidade de gozar dunha entretida gymkana de xogos cooperativos case toda a mañá. Para finalizar este acto, tivemos unha sentida celebración na que os alumnos dos diferentes centros participantes expresamos, a través de diferentes obxectivos, un desexo común: "saír da nosa terra".

Encontro Salle Xove

O pasado 7, 8 e 9 de Outubro tivo lugar no Colexio La Salle de Santiago de Compostela o I Encontro Salle Xove que reunía aos colexios de Asturias, Portugal e Galicia. En total, xuntámonos 436 persoas entre nenos e animadores. A convivencia abarcou dende 5º de Primaria ate 2º de Bacharelato.

Con moitas gañas de repetir…… Vémonos na próxima

Comezo das actividades dos Antigos Alumnos

Aquí tedes as fotos das actividades de heroes e heroínas da tarde do venres, 7 de outubro, nas actividades que os Antigos Alumnos fixeron para 3º e 4º de Primaria. 

Xornada de Rugby

Sacamos algunhas fotos na xornada de rugby do pasado 6 de outubro, e aquí as tedes!

Viaxe ao Antigo Exipto

Aquí tedes as probas gráficas da nosa viaxe. Adxuntamos fotos dos deuses, os visires, o faraón, os traballadores exipcios e ata dos hebreos! 

Esperamos que vos gustase a experiencia.

Comezo actividades Salle Xove

Aquí tedes as fotos dos nosos exploradores da Selva Amazónica. Esperamos que vos gustase! 

Hogwarts

O 23 de setembro o Colexio converteuse no Colexio Hogwarts de Maxia para os nosos antigos alumnos de 1º e 2º da ESO. Os nenos tiveron un horario escolar de clases como Transformacións, Defensa contra as Artes Escuras, Pocións, Runas Antigas... Sen esquecernos da práctica de Quidditch! Esta actividade foi organizada pola Asociación de Antigos Alumnos, cun enorme entusiasmo dos monitores pola actividade. Esperamos que vos gustase, vémonos no segundo curso de Hogwarts!

Instalacións

Estas son as nosas instalacións. Reformadas no último ano e no presente, enchemos os nosos muros de cores para que os nosos alumnos non vivan a súa vida escolar en branco e negro. E o que queda aínda por vir! Non perdades detalle da páxina, que pronto veredes unha nova reforma, e quedaredes coa boca aberta!